QUEN É PICASSO?
Un pintor español, que figura entre os pintores máis coñecidos do s. XX. Os seus cadros están repartidos por todos os grandes museos do mundo como o Musée Beaubourg de Paris e o MoMA de Nova York.
As súas obras poden ás veces parecer raras porque as súas formas e as súas cores nos asombran. Algúns mesmo dubidan do seu talento e encontran a súa pintura estraña...
Pero se ves obras doutras épocas, se te interesas pola súa vida, entenderás mellor ca eles a súa obra e o seu éxito.

Biografía
Pablo Diego José Ruiz Picasso, coñecido logo polo seu segundo apelido, naceu o 25 de outubro de 1881, no n.º 36 da praza da Mercede de Málaga, como primoxénito do matrimonio formado polo pintor vasco José Ruiz Blasco e a andaluza María Picasso López. O pai era profesor de debuxo na Escola Provincial de Artes e Oficios, coñecida como Escola San Telmo. A primeira infancia de Pablo transcorreu entre as dificultades económicas da familia e unha estreita relación entre pai e fillo, que ambos os dous cultivaban con devoción. O neno era un escolar menos que discreto, bastante preguiceiro e moi distraído, pero con precoz facilidade para o debuxo, que don José estimulaba.
Así, pinta o seu primeiro cadro cando só ten 8 anos! E aos 15 anos xa ten o seu propio taller.
Pouco despois, consegue entrar na escola de belas artes de Barcelona. Desexa estudar as técnicas pictóricas... pero moi pronto, esta forma de ensinar non lle gusta: O quere ser un artista moderno e inventar un novo xeito de pintar.
Para perfeccionarse, pinta moito, e inspírase de todo o que ve nas súas viaxes, a Paris e por España, cando aínda non é coñecido. Non consegue vender os seus cadros e vive con moi pouco diñeiro. Descobre así a vida bohemia de Paris, un xeito de vivir sen regras, á marxe da sociedade.

O "período azul"
Entre 1901 e 1903, Pablo Picasso vai caer nunha profunda melancolía. Unha das súas dúas irmás, Conchita, morreu uns anos antes, e un dos seus amigos acaba de suicidarse. Segue sen gañar diñeiro. Ve a vida de xeito pesimista e escuro. Frecuenta mendigos, orfos, enfermos... Comparte a súa depresión con outros, nas rúas, nos hospitais...
Picasso decide mostrar a dificultade de vivir para eses seres desesperados.
E para expresar mellor este sentimento, elixe utilizar exclusivamente a cor azul. Dise que o azul é unha "cor fría" en pintura. E para pintar unicamente en azul, usa varias tonalidades: azul índigo, azul ceo, azul mariño ou azul ultramar.
É nesta época cando toma o apelido da súa nai para asinar as súas obras: Picasso.

O " período rosa "
Picasso instálase en Paris en 1904, nun taller do barrio de Montmartre, lle Bateau-Lavoir, no que moitos artistas teñen por costume encontrarse. Accédese por un puentecillo ( de aí o seu nome). Alí hai un ambiente moi particular, como de pobo pequeno.
Pablo Picasso coñece ao poeta Guillaume Apollinaire, ao pintor Henri Matisse, e moitas outras personalidades. Pasa moito tempo entre os saltimbanquis, acróbatas, clowns... Séntese ben en Montmartre. Segue sen ter diñeiro, pero séntese máis optimista. O cambio de sentimento, faino cambiar de cor: elixe entón utilizar preferentemente o rosa. As liñas que debuxa son máis suaves e máis finas, as tonalidades máis pálidas e lixeiras.
Por fin, ao final do seu "período rosa", Pablo Picasso consegue vender as súas teas. O público comeza a interesarse polas súas obras... e os marchantes de arte tamén!

O período " cubista "
Pero Pablo Picasso non quere quedar aí. Copiar a realidade non lle interesa: quere crear, inventar! Fai moitas probas para chegar a algo novo, ata que, por fin, un día, nun museo de Paris, descobre unhas máscaras africanas. É como un shock: a súa intensidade de expresión e a sinxeleza das súas formas xeométricas danlle moito que pensar...

O que descobre nesa linguaxe primitiva, combinada coas súas investigacións persoais, dá orixe a un estilo totalmente novo: o cubismo. As Señoritas de Aviñon, pintado en 1907, é o primeiro cadro cubista de Picasso. Por un malentendido, realmente non eran de Aviñon, senón da rúa Avignó de Barcelona, onde traballaban nun local de señoritas.
Un novo período da pintura comeza: durante 10 anos, vai ser un dos mestres do cubismo.

O período das metamorfoses
Nos anos seguintes, segue afondando neste camiño. A este período coñéceselle como As Metamorfoses. Tómase con moita liberdade a realidade; cada vez recoñécese menos o que debuxa. Xa non se sabe onde están os brazos, as pernas... As cores e as formas son estrañas e asombran ao espectador.
O Guernica
1937 é un ano importante para Pablo Picasso. Ti sabes seguramente que unha guerra sangrienta estala en 1936 en España tras un golpe de estado. Picasso decide denunciar a inxustiza da guerra e pinta numerosas escenas de guerra. A máis famosa desas obras é o Guernica, que se garda no Museo Raíña Sofía de Madrid.
Un cadro monumental, tan grande que non poderías poñelo na túa casa. Guernica é o nome dunha vila española (vasca) bombardeada durante a Guerra Civil por avións nazis que axudaban ao xeneral Franco. Encargoullo a República Española, e Picasso non deixou que volvese a España ata que volveu a democracia.
A cerámica e a escultura
Aos 60 anos, Pablo Picasso volve a cambiar de estilo. Decide instalar o seu atelier (taller) preto de Niza, na Costa Azul. Alí permanecerá ata o fin da súa vida.
Aprende a técnica da cerámica, e realiza miles, que decora cos seus debuxos.

Morreu aos 92 anos, o 8 de abril de 1973, deixando aos seus 4 fillos Paulo, Maya, Claude e Paloma unha colección considerable.
Obras
Que é o cubismo?
Pablo Picasso inventou o cubismo! Pero... sabes o que é? É un movemento artístico. O termo " cubismo” inventouno un crítico de arte, Louis Vauxcelles, despois de ver un cadro de Braque Les Maisons de l'Estaque « feito de pequenos cubos ». Considéranse Les Demoiselles d'Avignon de Picasso e Le Nu debout de Braque os primeiros cadros cubistas.
O cubismo é un movemento artístico, que se desenvolve a partir de 1907, en torno a varios pintores, especialmente Pablo Picasso e Georges Braque. Nun comezo, o obxectivo destes artistas era representar volumes ( 3 dimensións ) mentres a tea é plana ( 2 dimensións ). Para iso, utilizan formas xeométricas: círculos, cadrados, rombos.... Simplifican a realidade para quedarse soamente cos contornos ( xeométricos, mentais ) das formas.
A fase seguinte é facer estalar os obxectos nunha multitude de facetas, e debuxar estas por separado. Así se poden introducir no mesmo obxecto diferentes puntos de vista. Na representación dunha cara, podes ter a impresión de que o personaxe está de fronte e de perfil ao mesmo tempo. Tamén se xoga coa perspectiva e a luz nas diferentes partes do cadro. É un traballo intelectual: píntase o que se sabe que hai, non o que se ve.
Ás veces é difícil recoñecer o que está representado na tea. Algúns burlábanse dos cubistas, dicindo que non tiñan ningún talento.
Paralelamente, os pintores introducen nas súas teas elementos alleos, como naipes, partituras de música, papel pintado, anacos de papel de xornal, falsa madeira... É o período das collages.
Os grandes pintores cubistas son: Pablo Picasso, Georges Braque, Juan Gris, Fernand Léger e o escultor Zadkine, entre moitos outros.

A Primeira Guerra mundial (1914 -1918 ) interrompe este movemento. A partir dos anos 1920, realmente non hai máis pintores cubistas. Os artistas oriéntanse cara a outras técnicas. Non obstante, o cubismo e as súas diferentes tendencias influíron considerablemente nunha gran parte da arte do século 20.
Fin
Marta García Ferreiro, Paula Andrés Rodríguez y Judyth Badillo Meilán